MES DA CIENCIA EN GALEGO 2021
MES DA CIENCIA EN GALEGO 2021
Un ano máis celebramos no noso Centro o Día da Ciencia en Galego, neste ano dedicado as figura de Alan Turing e Tarsy Carballas. Ademais é o 2021 o ano da economía creativa para o desenvolvemento sostible, a IA e os novos poliedros. Nunha colaboración entre os departamentos de Tecnoloxía e Bioloxía, traballáronse todos os aspectos.
O alumnado de 3º ESO botando man da súa creatividade demostrou que as computadoras poden ter unha segunda vida e que a imaxinación é quen de impulsar un desenvolvemento inclusivo.
A figura de Turing foi homenaxeada polo alumnado de 4º ESO. Preparou en cartón computadoras que nos puxeron ao día sobre o home que descubriu o concepto de máquina Universal. Así mesmo, deseñaron nas aulas de tics, blog sobre a importancia da Intelixencia Artificial no mundo do deporte e da medicina entre outros.
Por último o alumnado de Anatomía Aplicada no apartado de expresión corporal preparou un vídeo cun programa de entrevistas sobre a problemática dos incendios forestais e a recuperación posterior do solo. Rendendo así homenaxe a científica galega Tarsy Carballas.
Todo o alumnado e profesorado do Centro recibiu un marcapáxinas para conmemorar o día.
http://www.cienciaengalego.org/ menciona os nosos proxectos
O alumnado de Anatomía Aplicada de 1º de Bacharelato para conmemorar o Día da Ciencia en Galego 2021, levou a cabo un proxecto consistente na elaboración dun programa de entrevistas. A homenaxeada era nesta caso, María Tarsy Carballal Fernández, científica do CSIC, organismo no que traballa actualmente para predición do risco de incendios forestais e recuperación do chan. Vídeo
Alumnado 3º da ESO: O ano 2021 é o Ano Internacional da Economía Creativa para o Desenvolvemento Sostible. Cada vez máis persoas converten as súas ideas e imaxinación en medios de vida. A creatividade é a industria do mañá e ademais é un recurso renovable, sostible e ilimitado que podemos atopar en calquera parte do mundo. Mentres nos enfrontamos á crise climática e á pandemia, o seu potencial para impulsar un desenvolvemento inclusivo centrado no ser humano nunca foi máis relevante.
Con esta premisa o alumnado de 3º ESO A e B, para conmemorar o Día da Ciencia en Galego 2021 levaron a cabo un proxecto no que aprenderon que o lixo tecnolóxico pode ter unha 2ª vida. Botando man da súa imaxinación deconstruíron e construíron distintas pezas a partires das computadoras inservibles, que se poden ver na exposición que figura á entra do noso IES. Fotos

O alumnado de 4º de ESO crearon 6 páxinas web, a modo de pantallas de museo, con información sobre a Intelixencia Artificial
| Equipo | Alumn@s | Web |
| 1 |
Xiana Vázquez Pereira Sabela Otero Balboa Adriana Loureiro Vázquez Alicia Rodríguez Domínguez |
enlace |
| 2 |
Adrián Feijóo Fernández Pablo Enzo Pereira Fernández Miguel Martínez Gómez Xulia Formella Losada |
enlace |
| 3 |
Iria Cudeiro González Alba Nóvoa Bayón Antía Rodríguez Fernández Arancha Bello Rodríguez |
enlace |
| 4 |
Federico Martín Lamas Gómez Gonzalo Rojo Fernández Miguel Pérez Quiroga Lucas Bouzada Iglesias |
enlace |
| 5 |
José Yandro Cao Hernández David Nogueira Mateos Diego González Fernández Alejandro Bouzo Dacosta |
enlace |
| 6 |
Mario San Juan Pérez Diego Carril González Iago San Martín Iglesias María Alonso Iglesias |
enlace |





