VIII Olimpiada Galega de Filosofía
O vídeo “A LANZACOITELOS” de LARA VÁZQUEZ GONZÁLEZ de 1º BAC A foi preseleccionado pola VIII OLIMPIADA GALEGA DE FILOSOFÍA para a FASE FINAL que se celebrará de forma telemática o 10 de marzo. A alumna disporá de 5 minutos para facer unha defensa diante dun xurado explicando como naceu a idea, cal foi o seu proceso de realización, cal foi o nivel de participación do alumnado e a axuda recibida polo profesorado á hora de levala a cabo, e calquera cuestión que teña relación coa natureza filosófica inspiradora da obra. A defensa farase no instituto en horario de mañá (por determinar) o citado 10 de marzo. Vídeo
NORABOA E MOITO ÁNIMO.
---------------------------
O alumnado de 1º BAC participa, como en cursos anteriores, na Olimpiada Galega de Filosofía nas modalidades de fotografía e vídeo.
A temática da Olimpiada versa sobre a escolla entre a liberdade e a seguridade. A reflexión ante o dilema citado é unha vella controversia no seo da filosofía política desde tempos inmemoriais pero adquire unha nova dimensión práctica en tempos de pandemia. Renunciamos a parte da nosa liberdade en pos da seguridade sanitaria? ou consideramos que hai parcelas de liberdade irrenunciables?
Os traballo presentados desde o centro son os seguintes:
Modalidade vídeo: VER
Modalidade fotografía: