IX Olimpiada Galega de Filosofía
IX OLIMPIADA GALEGA DE FILOSOFÍA
TRANSHUMANISMO, MELLORA OU FINAL DA ESPECIE HUMANA?
ÁFRICA, PRIMEIRO POSTO NA IX OLIMPÍADA GALEGA DE FILOSOFÍA
A foto “Eudimonía” de ÁFRICA FRANCO MONTERO de 1º BAC A foi a GAÑADORA da IX OLIMPÍADA GALEGA DE FILOSOFÍA na modalidade de fotografía.
Tras a defensa da fotografía realizada pola propia alumna na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, e a posterior deliberación do correspondente xurado, a alumna recibiu o PRIMEIRO POSTO e a posibilidade de participar na Olimpíada a nivel estatal no próximo mes de maio. Tamén recibiu un diploma acreditativo, un libro e un premio en metálico.
NORABOA E SORTE NA OLIMPÍADA ESTATAL.
A foto “Eudimonía” de ÁFRICA FRANCO MONTERO de 1º BAC A foi preseleccionado pola IX OLIMPÍADA GALEGA DE FILOSOFÍA para a FASE FINAL que se celebrará de forma presencial o 7 de abril na Facultade de Filosofía da USC. A alumna disporá de 5 minutos para facer unha defensa diante dun xurado explicando como naceu a idea, cal foi o seu proceso de realización, cal foi o nivel de participación do alumnado e a axuda recibida polo profesorado á hora de levala a cabo, e calquera cuestión que teña relación coa natureza filosófica inspiradora da obra.
As defensas serán retransmitidas en streaming por youtube. Esa mesma mañá enviarase un mail aos centros inscritos cos enlaces para poder ver as defensas en rigoroso directo!!
NORABOA E MOITO ÁNIMO.

O alumnado de Filosofía de 4º ESO e 1º BAC participa, como en cursos anteriores, na Olimpíada Galega de Filosofía nas modalidades de fotografía e vídeo.
A temática da Olimpíada versa sobre un tema emerxente, o desafío transhumanista. O transhumanismo é un movemento intelectual que propón superar os límites naturais da humanidade mediante a mellora tecnolóxica co propósito de vivir máis e mellor. Os transhumanistas esperan ansiosamente o día no que o homo sapiens sexa substituído por un modelo mellor que dependerá da nosa vontade. Resoan ciborgs e alteracións biolóxicas nas promesas de futuro. Resoan promesas de inmortalidade pero proclamadas nos centros de tecnoloxía avanzada en lugar dos templos.
Pero a nova esperanza ou o novo terror abre moitas preguntas que invitan á reflexión:
Considerámonos responsable como especie da nosa mellora ou do noso fin?
Que diferencia a un ser humano dunha máquina?
Hai límites na mellora do humano?
É unha obriga moral mellorar as capacidades da especie humana?
Hai que manter en segredo algúns experimentos científicos?
Humanízanos ou deshumanízanos a tecnoloxía?
Cal é o obxectivo da tecnoloxía no mundo actual? E nun mundo transhumano?
Que ideal político sería bo para un mundo transhumano?
Son as limitación biolóxicas un erro a subsanar ou unha condición necesaria para a nosa humanidade?
En que desexamos converternos? Que queremos e debemos desexar como especie?
O alumnado tentou plasmar o tema nunha instantánea. Aquí están os resultados: enlace



