Presentación da Biblioteca

Presentación da Biblioteca do 12 "José Ángel Valente"

Hoxe (26 de maio de 2023) foi un día moi especial para a comunidade do 12. Recibimos a visita da Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e do Delegado Territorial da Xunta de Galicia, entre outros, no acto de presentación da biblioteca José Ángel Valente.
Foi un acto fermoso e emocionante no que mostramos con orgullo todo o traballo que facemos dende a biblioteca. Porque a vangarda está nos lugares compartidos, como este marabilloso espazo hoxe presentado en sociedade.
 
Noticia na web da Consellería: enlace
Noticia na web da Voz de Galicia: enlace