Saída Economía e Ciencias naturales


O xoves 17 de febrero, o alumnado de 1º de Bacharaleto fixo unha saída para coñecer de primeira man como funciona a Economía Colaborativa e Circular.

Na 1ª parada, visitamos ARQUEIXAL, unha empresa de Ecoagroturismo, en Santiago De Albá (no Ulloa). Xosé Lois explicounos a súa razón de ser e a importancia de darlle valor ao Rural. Ademais, ao finalizar, tivemos unha degustación de queixo e iogurte ecolóxico que producen ali mesmo, das súas vacas, que pastan en vizosos e verdes lameiros.

Na 2ª parada, visitamos DAVEIGA, a empresa responsable das riquísimas galletas Mariñeiras, que se atopa en Chantada. Alí, Xosé Lois, Ana e Tamara explicáronnos a cadea de producción e o valor que ten cada un das/dos traballadoras/es que forman esta empresa.

As dúas empresas mostraron o seu exemplo de amor á terra na que naceron e o seu compromiso co medio ambiente e a contorna.

Despois dunha parada para comer na Praia da Cova, fomos facer unha pequena andaina ata a fermosa Fervenza de Augacaída.

Sen debida foi un boísimo día no que o tempo nos acompañou e no que o alumnado puido desfrutar dunha xornada fóra das aulas (algo tan necesario dende hai 2 anos).
Grazas ao alumnado por ese comportamiento tan bo. Un pracer acompañarvos.


Iria Aboal. Departamento de Ciencias Naturais
Xosé Manel Fírvida. Departamento de Economía