Santiago 2021
O 16 de novembro, visitamos Santiago os alumnos de Historia da Arte de II de Bacharelato.
Visitamos a Catedral de Santiago, Pórtico da Gloria e cubertas coas súas vistas únicas da cidade vella. Tamén houbo tempo para percorrer a exposición, da Fundación de Abanca, Mirar de Novo con obras contemporáneas de artistas femininas, de Maruja Mallo a Cristina Iglesias.




