CLASES SEN FUME
PREMIO DE 2º ESO C NO CONCURSO “CLASES SEN FUME”
O Curso de 2ºESO-C acadou o premio accesit do Concurso "Clases sen fume" organizado pola Consellería de Sanidade coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
O premio acadado consiste nunha entrada ao parque acuático "Aquapark" de Cerceda para cada alumno da clase e o transporte de ida e volta desde o IES.
Ao acto de entrega de premios aos finalistas realizado no Salón de Actos da Consellería de Sanidade en Santiago o luns 14/06 acudiron Diego Fernández Gayo en representación da clase, a súa titora Iria Vázquez Expósito dinamizadora e coordinadora da iniciativa e o director do centro César Silva Feijóo.
É un orgullo para o centro que os seus alumnos participen nestas actividades de innovación do ensino que trasmiten valores transversais neste caso referidos á saúde como é a prevención do tabaquismo. Destacar a gran calidade do traballo realizado polo alumnado.
Parabens á clase e a súa titora polo exito acadado e esperamos serva de motivación para o resto do alumnado.