Simulacro de Evacuación 2023

O pasado mércores 29 de marzo ás 12:00h levouse a cabo un exercicio de simulacro de evacuación por unha emerxencia ocasionada por un incendio na aula 207 do Edificio A.

Feita a chamada ao 112  tardouse menos de 4 minutos en evacuar a todas as persoas presentes en ambos edificios e no momento da chegada dos equipos de emerxencia externos  xa estabamos todos no punto de encontro.

O plan de emerxencias está dispoñible para a súa consulta en Acceso 
O exercicio serviu para facer propostas de mellora ao plan redactado e para estar preparados para afrontar unha posible emerxencia real.

Grazas a todos pola seriedade e corrección na realización do exercicio!!!!
Igualmente grazas pola participación e profesionalidade dos sevizos municipais do Concello de Ourense: Bombeiros, Protección Civil e Policía Local.