Tertulias Literarias

O 24 de marzo, participamos nas Tertulias Literarias do Concello celebradas no Liceo de Ourense.

Alumnos e alumnas de 4 Eso e Bacharelato debatiron con centros como o Couto, a Lagoa de Antela ou Divino Maestro en torno a obra El río baja sucio de David Trueba. Nas próximas datas agardamos ter un encontro co propio autor.