Traballos de Ciencias 2023

Galería de fotos dos traballos. Acceso

 

O MANEQUÍN:

“DÁNDOLLE VOZ ÁS MULLERES”

A historia da ciencia foi engalanada con grandes descubrimentos protagonizados por homes, con todo, algúns sucesos de mulleres non foron recoñecidos ou o seu recoñecemento foi menor, incluso algunhas mulleres científicas nunca foron recoñecidas. Cada ano, o 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Así, o alumnado de 1º ESO A, na materia de PROXECTO COMPETENCIAL, decidiu darlle voz a todas esas mulleres científicas que a historia relegou a un segundo plano ou peor que nin sequera tivo en conta. Escolleron distintas científicas e investigaron as súas achegas á ciencia, para construír logo unha saia coa que vestir o noso manequín, rendendo así unha homenaxe a todas esas mulleres ás que a historia dalgún xeito silenciou e non lles deu o seu lugar. O manequín está no 1º andar do noso IES.

 

A CÉLULA – PIZZA:

“QUERES UN ANACO DE CÉLULA MENTRES XOGAMOS AO PARCHÍS?”

A célula é a unidade funcional e estrutural básica que compón o noso corpo e o de todos os seres vivos. Por tanto, para entender a estrutura e función do organismo completo, é fundamental coñecer primeiro a estrutura e a función das súas unidades: as células. O alumnado de 3º DIVERSIFICACIÓN, construíu unha célula animal en 3 dimensións, pero presentándoa coma se fose unha pizza. Preparou tamén unha caixa de cartón, cos anagramas e carteis, de tal xeito que resulte atractivo “comerlle un anaco”. A célula-pizza está no 1º andar do noso Centro enriba dunha mesa como se do mellor restaurante italiano se tratase.

Ademais e nun proxecto colaborativo co alumnado de galego de 1º ESO para traballar o concepto de magnitude cosntruíron un taboleiro de parchís xigante. A idea que para avanzar na partida haxa que contestar correctamente sobre: autoras galegas, traducir algún texto do castelán ao galego, sobre o barrio da Ponte ou sobre tradicións e xogos populares. Ademais prepararon o dado do xogo e as fichas das 4 cores. As partidas serán no patio.

 

AS BATAS DECORADAS E OS MANEQUÍNS:

“@S DOCESANS: COIDANDO DA SAÚDE”

Fomentar o coidado persoal e promocionar hábitos saudables son dúas das premisas fundamentais que a Unión Europea (UE) estableceu hai anos para afrontar o envellecemento da poboación que están a experimentar os países occidentais. En concreto, se considera esencial chegar á etapa da vellez nas mellores condicións de saúde posibles, fomentando unha maior independencia e autonomía.

De novo o equipo d@s docesans na materia de CULTURA CIENTÍFICA de 4º ESO traballou sobre que facer para promocionar e previr as enfermidades. O que fixeron foi encargarse por equipos de preparar información dos distintos aparellos e sistemas do corpo humano. Pintaron batas e preparar maletíns de doutoras e doutores para explicar ao resto do centro como facer para coidar da nosa saúde.

Faremos un mural con todas as fotos de cada un dos equipos.

 

EXPOSICIÓN DO ADN:

“PASANDO A INFORMACIÓN”

Na actualidade a Xenética Médica é unha especialidade da medicina que estuda e analiza todas as enfermidades xenéticas hereditarias e non hereditarias, o estudo destas é interesante para poder identificar certos defectos conxénitos. As análises xenéticas son solicitadas cada vez con máis frecuencia pola medicina para coñecer a orixe das nosas enfermidades e nalgúns casos realizar terapias a medida en función do noso perfil xenético (medicina personalizada). Así alumnado de 4º ESO A traballou a importancia da molécula de ADN e de coñecer como se dividen as nosas células para intentar entender todo isto. Ademais e dentro do Plan de Igualdade deron a coñecer ao resto do noso IES a figura de Rosalind Franklin, a dama escura do ADN, primeira científica en fotografar a molécula de ADN empregando a difracción de raios X. A exposición nesta no 2º andar do noso Centro.