VETINEN

Os profesores do IES 12 de Outubro Ana Lage Asenjo e Juan Carlos Diz Afonso formaron parte do grupo de traballo para a elaboración de recursos didácticos en Inglés do Proxecto de Innovación VETINEN (Vocational Training Innovative English). Asesoraron e redactaron material didáctico en Inglés para as súas familias profesionais de Imaxe Persoal e Fabricación Mecánica que serán aproveitadas por todo o profesorado destas especialidades en Galicia. Hoxe tivo lugar a presentación oficial no Centro Galego de Innovación da FP do programa coa asistencia do Conselleiro de Educación e a Directora Xeral de FP que agradeceron o traballo e adicación de todos os docentes participantes o cal contribuirá a dar un salto de calidade na formación en Inglés de todo o alumnado de FP.