ACTO DE REPULSA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Con motivo dos acontecementos das últimas semanas, dende o Departamento de Orientación e para empezar a dar visibilidade á implantación do noso Plan de Igualdade, consideramos importante facer un acto de repulsa no instituto ante a situación de violencia extrema que estamos a vivir como sociedade e mostrar o noso compromiso coa causa.

Realizamos un pequeno acto despois do recreo, o día 16 de Xuño, consistente en :


- Lectura dun manifesto en contra da violencia de xénero por parte dunha alumna e alumno de 4º ESO.

- "Minuto de silencio" por parte dos asistentes mentres se interpreta, por parte do profesor de Música e alumnos colaboradores, unha melodía.

- Explicación sobre o proxecto do "Mapa contra a Violencia de Xénero" que se leva a cabo como parte do traballo establecido dentro do Plan de Igualdade, comenzando a súa instauración a finais deste curso e a continuar durante o curso que vén.

- Pintura de mans de cor morada en signo de repulsa que será plasmado, por parte dalgúns alumnos e alumnas do centro, no mural preparado para tal efecto.

Ver Vídeo