XINCANA DE XEOLOXÍA
PROXECTO TRIMESTRAL EN BIOLOXÍA E XEOLOXÍA DE 4º ESO
Divididas/os en grupos o alumnado de 4º da ESO, preparou en equipos unha xincana con 5 probas diferentes. A temática das mesmas foi a xeoloxía. O resto do alumnado competía por acadar a copa e o premio final. A competición tivo lugar os últimos días do curso. Foi un xeito divertido de rematar as aulas e darlle unha volta ao apaixonante mundo da xeoloxía.



