The Challenge
2024 THE CHALLENGE
Por 3ª vez (nos últimos 4 anos) un equipo de alumnas do 12 (Vera Rey Casares, Uxía López Sánchez, Vera Vázquez Muñoz e Lucía Otero Balboa de 3º da ESO) clasificouse co seu proxecto (100 finalistas entre 1954 presentados) para participar no Campus da fundación "la Caixa". O evento celebrarase do 8 ao 11 de maio en Barcelona.
2022 RETO BIG DATA/The Challenge
Por segundo ano consecutivo un equipo de alumnos do 12 (María Alonso Iglesias, Anxo López Rodríguez e Mario San Juan Pérez de 4º da ESO) clasificouse co seu traballo para a final do Reto Big Data da fundación "la Caixa" con outros 24 equipos.
O evento celebrouse do 4 ao 7 de maio en Barcelona e foi unha gran experiencia tanto formativa como persoal para tódolos participantes.
Ver o listado de equipos seleccionados (100 entre os catro retos, elixidos entre 1252 traballos presentados). Acceso
Noticia na Voz de Galicia: Acceso
Imáxes do Campus:
2021 RETO BIG DATA
O equipo formado polos alumnos de TICS de 1º de bacharelato Paula Álvarez Álvarez, Paula Alvarado Martínez, Hugo Barandela González e Roi Sarmiento Martínez, clasificouse co seu traballo para a final do Reto Big Data da fundación EduCaixa (de la Caixa).
O evento, que hasta 2019 celebrábase en Barcelona (ver vídeo da edición de 2019), é por motivo do COVID un CAMPUS VIRTUAL, e celebrarase a primeira semana de maio (días 4 a 6).
O premio para os gañadores, que viña sendo unha viaxe a Silicon Valley, será este ano un Bootcamp en Mallorca.
Parabéns e a seguir loitando e aprendendo.
Traballando no Campus Virtual (4-6 de maio):