Correlingua

Correlingua 2026

O IES 12 de Outubro conseguiu o 1º premio á mellor pancarta no Correlingua 2026, nunha xornada chea de música, creatividade e reivindicación da lingua galega polas rúas de Ourense.

O alumnado participou activamente levando pancartas e lemas elaborados no centro, destacando especialmente a proposta “Co galego no corazón facemos revolución”, coa que lograron conquistar ao xurado.

Este recoñecemento pon en valor o talento, o traballo en equipo e o compromiso da nosa comunidade educativa coa defensa e promoción da lingua galega.

Parabéns a todo o alumnado e profesorado implicado por facer do galego unha lingua viva, creativa e chea de futuro.
  

Correlingua 2025

O IES 12 de Outubro acadou o 2º posto no Concurso de Cartaces