DÍA DA CIENCIA EN GALEGO 2022

XIII Día da Ciencia en Galego no IES 12 de Outubro:

A Institución Galega da Ciencia fíxose eco do noso traballo: https://www.cienciaengalego.org (para ver as fotos e os vídeos é preciso abrir con Firefox).

Galería de fotos

Un ano máis celebramos por todo o alto o Día da Ciencia en Galego no IES 12 de Outubro de Ourense. Aí van as actividades que o alumnado do noso Centro levou a cabo para seguir reivindicando o dereito de gozar da ciencia na nosa lingua.

Comezamos cos homenaxeados. Traballamos a figura de ÁNGELES ALVARIÑO, galega e muller, que deu  nome ao buque oceanográfico español e quen  dedicou a súa vida en Galicia e EEUU, á procura de novos coñecementos oceanográficos e novas especies mariñas. O alumnado de Bioloxía de 4º ESO construíu unha reprodución en cartón do buque oceanográfico que leva o seu nome. Auténticas enxeñeiras e enxeñeiros navais traballaron moito para mostrar a todo o centro unha replica do mesmo. No barco aparecen investigadoras e investigadores que son o noso alumnado de 1º ESO, e mesmo puxeron un capitán, quen a través do seu megáfono informa da vida desta investigadora galega. Tiveron que gravar a información e conectar esta a un altofalante que permanece oculto detrás da figura do capitán. O alumnado que pon a súa voz é o de 2º ESO. Deste xeito cando te achegas ao barco podes aprender sobre Ángeles Alvariño. (ver vídeo). O buque acompáñase tamén dun cofre, feito todo en cartón, con moedas douradas pero onde cobran especial protagonismo as especies descubertas pola científica, metáfora de que a verdadeira riqueza está na conservación da biodiversidade.

Sobre a figura de EVARISTE GALOIS, matemático francés, quen cambiou esta disciplina, pero tamén a Arte, a Física, a Química e mesmo a Xeoloxía inventando o concepto de grupo e de grupo de Simetría, o alumnado de 3º de Diversificación no Ámbito Científico-Tecnolóxico, preparou un libro xigante. Tamén este alumnado traballou moito, preparando a portada para que semellase un libro antigo, engurrando papel, pintando, envellecendo e tamén procurando información deste interesante matemático. A información foi colocada logo en láminas grandes de cartón que semellaban as páxinas antigas e gastadas do libro, acompañando a información de ilustracións sobre a súa figura. Podes meterte dentro do libro e as páxinas poden moverse para coñecer a vida de Galois.

Ademais, sendo este 2022 é o ANO INTERNACIONAL DAS CIENCIAS BÁSICAS PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE e como ben decides na vosa páxina, un momento clave de mobilización para convencer aos líderes económicos e políticos, e tamén ao público en xeral. Non quixemos así, deixar de traballar este apartado. O noso alumnado de 4º de Cultura Científica, preparou unha serie de globos aerostáticos, para chamar a atención sobre esta cuestión. Con globos, papel de xornais, cola branca e algo de pintura, deron voz a moitas das cuestións que neste momento deberían ser prioritarias. Traballaron e investigaron sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e plasmaron as súas ideas nas escadas que baixan deste globos que dan colorido e reivindicación ao teito do noso IES.

            No noso IES estamos a implementar dende o curso pasado o Plan de Igualdade, facendo numerosas actividades de concienciación relacionadas con esta cuestión. Aproveitamos para elo o feito de que tamén o ANO 2022 É O ANO DO VIDRO. É interesante coñecer co vidro para envases é infinitamente reciclable, e que representa un bo exemplo de economía circular. Así o noso alumnado de 1º e 3º ESO no proxecto competencial, traballaron a importancia de reciclar este material para berrar: NON MO DIGAS MÁIS. Prepararon así botellas e frascos con frases que se escoitan na rúa pero que debemos ir retirando pouco a pouco do noso vocabulario. Os textos escribíronse con rotuladores de vidro. Todo este material formou parte dunha exposición que estivo lista para o 25N. En varios dos frascos fixemos que ardese unha vela como homenaxe a todas as mulleres vítimas da violencia de xénero. A exposición quería ser unha ventá aberta á reflexión sobre esas frases empregadas a miúdo pero que son agresivas para quen as recibe.

 

Nesta mesma liña e para demostrar que no noso IES cabemos todas e todos, un grupo de alumnos de 4º ESO gravou un vídeo con información sobre distintos aspectos do vidro acompañados de Paula, a intérprete de signos  do noso Centro quen axuda ao alumnado con dificultades auditivas. Ver vídeo

 

Tamén o alumnado de 4º ESO, preparou blogs, sobre o vidro, as súas características, o seus usos, a importancia do seu reciclaxe... Os enlaces para ver estes traballos son os seguintes:

GRUPO Nº 1: - Teo Blanco (responsable do grupo) - Fabio Lastra - Marco Viéitez - Alejandro González Web

GRUPO Nº 2: - Lara Teijeiro (responsable do grupo) - Mara Rodríguez - Xiana Rodríguez - Damián Sorribes - Sheila González Web

GRUPO Nº 3: - Marcos Gómez Presas (responsable do grupo) - Aroa Rodríguez Iglesias - Laura Gómez Pérez - Iker Lobo Vázquez Web

GRUPO Nº 4: - Victoria Suárez (responsable do grupo) - Xoana Lamazares - Bárbara Miguel - Diego Fernández Web

GRUPO Nº 5: - Daniel Fernández (responsable do grupo) - Daniel Pérez - Iago Via - Noel Rúa Web

 

E finalmente, calquera celebración que se prece debe rematar cun agasallo. Cando lle preguntamos ao profesor de Arte do noso IES, Carlos, que muller e artista reflectía mellor nos seus cadros o concepto de simetría, falounos de HILMA AF KLINT, pintora sueca que ostenta nada menos co título de ser a pioneira da abstracción. Esta muller foi unha innovadora radical dun tipo de arte que daba as costas á realidade visible. Así, Carlos propuxo que fixéramos uns chaveiros para conmemorar o XIII Día da Ciencia en Galego cun dos seus cadros máis emblemáticos: Svanen (O Cisne), obra abstracta que nunca foi exhibida en vida da artista. Todo o alumnado da ESO e o Bacharelato recibiu un deses chaveiros. Ver artículo