@PONTEDELINGUA - FERRAMENTAS
Índice del artículo
Página 11 de 15
Ortogal
OrtoGal é un corrector ortográfico gratuíto e en liña elaborado polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo. Está adaptado ó cambio normativo da lingua galega de 2003 e soporta un límite máximo de 50.000 caracteres.
Tradutor automático Gaio.
O tradutor Gaio é unha ferramenta de código libre, baseada nunha plataforma de código aberto, que permite a tradución de texto plano e tamén a tradución inmediata de páxinas web entre o galego e os idiomas castelán, catalán, inglés, francés e portugués.
O portal das palabras.
O Portal das Palabras é un espazo en Internet creado en 2013 pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié para difundir o léxico.



