REUNIÓNS CON EMPRESARIOS

O IES 12 de Outubro inicia unha rolda de contactos con representantes de distintas asociacións empresariais co ánimo de fomentar a colaboración entre as empresas e o noso centro de formación profesional. Estes encontros perseguen coñecer as demandas do mundo da empresa para adaptar os procesos de ensino aprendizaxe aquí impartidos, fomentar a colaboración das empresas no módulo de formación en centros de traballo e dar a coñecer un servizo de Bolsa de emprego que o IES 12 de Outubro acaba de poñer en funcionamento para facilitar o proceso de inserción laboral do noso alumnado.

 

Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE). (10 de xuño de 2021)

Reunímonos no noso centro con representantes de AJE Ourense, para coordinar a implementación o vindeiro curso do proxecto "Aprendendo a emprender"

Representantes de la empresa ADVENTUS PLUS SL. (12 de mayo de 2021)

Reunímonos con representantes da empresa Adventus Plus de Ourense para intercambiar necesidades de formación no mundo da Fabricación mecánica e presentarlles o servizo de Bolsa de emprego que está poñendo en marcha o IES 12 de Outubro.

Foi un encontro moi fructífero no que a empresa nos comunicou a necesidade de man de obra cualificada deste sector  e as grandes oportunidades laboráis que ofrece. Manifestou a súa vontade de colaborar connosco nas prácticas en empresas, en visitas ao seu centro de traballo e, fundamentalmente, en ofrecerlles un futuro laboral ao noso alumnado.

Fixemos un percorrido polas instalacións de Fabricación mecánica e o noso alumnado tivo a oportunidade de interactuar cos membros desta empresa de recoñecido prestixo.

 

Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE). (15 de abril de 2021)

Iniciamos estes contactos coa Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE). No día de hoxe recibimos a Nuria Iglesias (presidenta) a José Manuel Martínez (vicepresidente) e a Alba Ferro (vocal). Nesta reunión tivemos a oportunidade de reflexionar sobre as necesidades detectadas no ámbito da formación e da empresa e de forxar unha colaboración futura que revertirá nunha mellor preparación do alumnado e nun incremento das súas oportunidades laborais.

 

Asociación de Perrucaría e Estética de Ourense. (19 de abril de 2021)

Hoxe reunímonos con José Losada, representante da Asociación de Perrucaría e Estética de Ourense.
Tanto o IES como a Asociación manifestaron a necesidade de estreitar lazos para una formación integral dos futuros traballadores. José Losada recalcou a excelente calidade da formación técnica do alumnado do noso centro e a necesidade seguir formentando a súa cultura emprendedora.

 

Asociación de Asociación de instaladores electricistas de Ourense (Instaelectro). (21 de abril de 2021)

Hoxe reunímonos con representantes de Instalectro (Asociación de instaladores electricistas de Ourense) para escoitar as necesidades de formación que detectan nas empresas e presentarlles a nosa bolsa de emprego.

No hay descripción alternativa para esta imagen

 

Confederación empresarial de Ourense (CEO). (28 de abril de 2021)

Hoxe reunimonos co secretario xeral (Jaime Pereira) e a técnica responsable de intermediación laboral (Cruz Bangueses) da CEO para presentar a nosa Bolsa de emprego e iniciar unha colaboración fructífera para os traballadores e empresarios da nosa provincia.