MES DA CIENCIA EN GALEGO
MES DA CIENCIA EN GALEGO
O IES 12 de Outubro participou activamente dando unha das ponencias do evento, (videoconferencia o 25 de novembro, mércores, ás 12:30 da mañá).
A VIDA QUE RESPIRA E PALPITA NO 12.
No canal YouTube do 12 podedes ver os vídeos Poemas as árbores e A Maternidade. Enlace
Podedes ver a gravación do evento celebrado no IES 12 (o 25 de novembro). Enlace ao vídeo: 1ª Parte 2ª Parte

Este ano quixemos render unha homenaxe poética ás nosas árbores e ás mulleres como creadoras de vida. Para isto contamos coa inestimable axuda das nais do noso alumnado e do grupo de literatura universal. Non esquecemos as figuras de Robert Koch e Ernesto Viéitez. Os alumnos e alumnas do bacharelato prepararon un xornal moi especial.
Xornal: A 12 grados baixo Ciencia
Aquí podedes ver o documento da presentación
As outras ponencias serán dadas por:
-Sonia Villapol Salgado, Investigadora no Texas Medical Center (Houston, EEUU), forma parte do equipo de investigación internacional da COVID-19.
-Xacobo de Toro Cacharrón, doutor pola Universidade da Coruña, profesor no ensino secundario de bioloxía e xeoloxía no IES Agra de Leborís.




